Ameiurus melas (Rafinesque, 1820)

Peixe gato negro, peixe gato

Descrición 1

Siluriforme de pequeno tamaño, en España non acostuma superar os 40 cm de lonxitude. Pode acadar ata 10 anos de idade. Corpo sen escamas, recuberto por abundante mucosidade. Cor negra agás na zona ventral (amarelada). Destacan o tamaño da cabeza e da boca, arredor da que hai catro pares de longas barbas. Dúas aletas dorsais, das que a segunda é adiposa, de aspecto similar á dos Salmónidos.

Bioloxía 1

Madurez sexual a partir do segundo ano. Desova de marzo a xullo, a temperaturas superiores a 18-21oC, escavando buracos duns 16 cm no fondo, onde depositan entre 2,000 e 5,000 ovos. Eclosión aos 4-10 días. Principalmente son os pais quen custodian as crías ata as 2 semanas. Peixe bentónico que forma grandes grupos con actividade nocturna. É un omnívoro voraz: depredador de peixes, ovos, crías, larvas de insecto, moluscos, crustáceos e incluso anfibios e vexetais.

Hábitat 1

Penetra facilmente polos tramos medios e baixos dos ríos, ademais de lagoas e augas remansadas, con abundante vexetación, fondo brando e corrente lenta. Pode sobrevivir en períodos de seca enterrado en leitos limosos e incluso en augas con alta turbidez, baixa concentración de osíxeno e alta contaminación e temperatura (de 8 a máis de 30oC). Adáptase facilmente a novos ambientes.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atas y Libro Rojo de los Peces Continentales de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/29

Más Información

NatuSfera Mapa