Arundo donax L.

Cana, xunco xigante, falso bambú
Arundo_donax_01_compr Arundo_donax_02_compr

Descrición 1

Planta graminoide perenne, moi robusta, provista de rizomas leñosos. Talos ocos, erectos, de ata 4 m de altura, simples ou pouco ramificados nos nós, suaves e glabros. Follas co limbo de 5-6 cm de ancho, cordiforme na base, de ata 60 cm de longo.

Bioloxía 1

En España, reprodúcese por vía asexual mediante os seus robustos rizomas, que acadan considerables distancias desde a planta nai. Os fragmentos de rizoma son dispersados tamén polas correntes de auga e poden desecarse durante varios meses sen perder a capacidade de emisión de raíces cando volvan hidratarse. As plantas xa establecidas poden expandir os seus rizomas a razón de medio metro cada ano.

Hábitat 1

Planta higrófila. O seu hábitat son os ambientes ribeiráns e as zonas húmidas, tanto naturais coma artificiais. Soporta moi ben as altas temperaturas estivais pero só relativamente as baixas invernais, de modo que non é habitual que prospere en zonas de invernos moi fríos. Bastante indiferente á natureza mineralóxica do substrato. Certa capacidade de resistencia á salinidade moderada. Prefire zonas con insolación adecuada e chans ben drenados moi húmidos.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas das Plantas Alóctonas Invasoras de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/30

Más Información

NatuSfera Mapa