Asparagopsis armata (Harvey, 1855)

Medium Medium

Descrición 1

Alga de cor rosada. Gametófito formado por un eixo central cilíndrico de 1 mm de ancho e de ata 30 cm de altura, ramificado con irregularidade principalmente na parte superior. Preto da base, forma ramas estoloníferas, espiñentas e con forma de arpón. Matagueiras esféricas con aspecto de algodón, filamentosas e moi ramificadas.

Bioloxía 1

Gran capacidade de reprodución vexetativa. Especie anual con ciclo de vida heteromórfico alternante entre unha fase gametofítica e unha esporofítica, que poden vivir no mesmo hábitat. Especie oportunista que se estende de diferentes maneiras: na fase gametofítica, engánchase ao material flotante, en na fase esporofítica dispérsase por flotación. Carece de depredadores porque produce substancias tóxicas e presenta unha rápida taxa de crecemento.

Hábitat 1

Na súa fase gametofítica, crece sobre substratos duros ou como epífita sobre outras algas, en zonas ben iluminadas do infralitoral superior e con certo grado de hidrodinamismo. Na súa fase esporofítica, comparte este hábitat e pode estenderse a zonas máis profundas do circalitoral. Sobrevive entre os 5-25oC, con óptimo de crecemento entre 9-23oC. A temperatura é o principal factor limitador da súa distribución.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras e Proxecto invasIBER.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Algas 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_algas.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/45

Más Información

NatuSfera Mapa