Macroalga avermellada cunha estrutura vertical plumosa, formada por un solo eixo de ata 9 cm. Deste eixo deriva na súa parte superior unha importante densidade de ramas dispostas en todas direccións que tamén se ramifican. Individuos fixados ao substrato por estolóns cilíndricos de 1,5-2 mm de diámetro, bifurcados de forma irregular. Forma extensos mantos de tonalidades grises e rosadas no fondo mariño. Distínguese de Asparagopsis armata porque ten estolóns con ganchos en forma de arpón e prefire augas máis frías.
Altas taxas de fecundidade, crecemento e capacidade de dispersión. Reprodución sexual e asexual (fragmentación) cunha fase gametofítica (=Asparagopsis) e unha fase esporofítica (=Falkenbergia), a última epífita. A gametofítica atópase na zona eulitoral inferior e, ocasionalmente, en charcos do eulitoral medio. Ciclos de vida curtos. Os individuos transportados acadan a madurez sexual en pouco tempo. En fase sexual, prodúcese unha gran cantidade de compostos halóxenos volátiles tóxicos que suxiren actividade antifúnxica/antimicrobiana.
Especie propia das zonas intermareais pouco profundas, onde establécese sobre substratos rochosos e/ou sobre outros organismos, como Posidonia oceanica ou especies do xénero Corallina. O seu rango de distribución atópase principalmente entre a superficie e os 50 m de profundidade.
Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Proxecto invasIBER