Azolla filiculoides Lam.

Fieito de auga
Azolla_filiculoides_01_compr Azolla_filiculoides_02_compr

Descrición 1

Pequeno fieito acuático perenne, flotante (raíces non fixadas ao substrato) de ata 10 cm, con raíces numerosas simples de ata 6 cm e talos moi ramificados totalmente cubertos de follas. Cor verde, que se torna carmesí en outono e inverno. Follas bilobuladas, imbricadas, formadas por dous lóbulos, o superior con numerosos pelos provistos de papilas, coa marxe hialina ancha. Macrósporas con tres flotadores.

Bioloxía 1

Especie termófila que se reproduce vexetativamente por fragmentación. Reprodución sexual escasa; pode esporular de xullo a setembro, formando os prótalos a partir das esporas flotantes. Asóciase simbioticamente coa alga cianofícea Anabaena azollae, que alóxase nunhas cavidades do envés do lóbulo superior das follas.

Hábitat 1

Augas remansadas de charcas, estanques e presas, balsas de rego, canais, arrozais, charcas artificiais, canles e pozas naturais en leitos de barrancos. Temperatura óptima de crecemento de 20-22oC. Perece por debaixo de 7oC e por enriba de 42oC. A concentración de fósforo disolto na auga é o factor que controla o seu crecemento.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas de las plantas alóctonas invasoras de España, Proxecto invasIBER.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/46

Más Información

NatuSfera Mapa