Buddleja davidii Franchet

Lilar (en castelán: budleya, baileya, arbusto de las mariposas, lilo de verano)
Buddleja_davidii_01_compr Buddleja_davidii_02_compr

Descrición 1

Arbusto caducifolio de ata 4 m. Follas ovadas ou ovado-lanceoladas, de ata 20 cm, coa marxe dentada, densamente tomentosas e agrisadas no envés. Flores en panículas terminais densas de ata 35 cm, moi olorosas, cos lóbulos da corola de cor púrpura e a gorxa alaranxada. Froito en cápsula alongada, bivalvada, de 5-10 mm. Sementes moi pequenas e numerosas, ás veces aladas.

Bioloxía 1

Flores de xuño a novembro, polinizadas por bolboretas. As sementes dispérsanse polo vento e os escallos enraízan ben. Capacidade para rebrotar de raíz despois de cortas ou tallas, ou tras a morte da parte aérea por causa das baixas temperaturas. Crecemento rápido e vigoroso. A produción de sementes é moi variable segundo os cultivos. Pode chegar ás 40,000 sementes por acio.

Hábitat 1

Ribeiras fluviais, ribadas de estradas, zonas alteradas e cascalleiros, ambientes afectados pola actividade humana e degradados e zonas axardinadas. Tolera as atmosferas contaminadas e os chans básicos. Non soporta a seca prolongada; en climas secos só prospera en chans húmidos. Resiste ben as temperaturas baixas. Prefire os chans frescos e ben drenados. Expansión favorecida pola eliminación da cuberta vexetal natural e pola canalización dos ríos pola súa acción destrutora sobre a vexetación preexistente.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas das plantas alóctonas invasoras de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/20

Más Información

NatuSfera Mapa