Carpobrotus edulis (L.) N.E. Br

Uña de gato, herba do coitelo, uña de león
Carpobrotus_edulis_01 Carpobrotus_edulis_02

Descrición 1

Planta perenne, carnosa, de longos talos rastreiros de base leñosa. Follas verde intenso, as veces púrpura nos extremos, con textura cérea e sección triangular, de 4-13 cm de lonxitude, con sección media en triángulo equilátero, moi crasas, erectas ou erecto-patentes. Flores solitarias, ábrense a pleno sol, moi vistosas, de 8-10 cm de diámetro, cor púrpura, amarela ou alaranxada. Pétalos desiguais: os 3 externos de 20-45 mm, oblongos; os 2 internos, menores, coa marxe considerablemente escariosa. Estames amarelos. Froito indehiscente, carnoso, con numerosas sementes.

Bioloxía 1

Multiplicación vexetativa moi activa e reprodución asexual por agamospermia xunto á produción de froitos por reprodución sexual. Floración en primavera e comezos do verán. A fecundación é alógama e entomófila. Froitos carnosos diseminados por roedores e outros animais que se alimentan deles. Follas amargas, non palatables. As sementes xerminan abundantemente tras os incendios. Metabolismo CAM.

Hábitat 1

Zonas urbanizadas. Terreos de cultivo e zonas verdes de orixe antrópica. Franxa litoral halófila. Acantilados costeiros. Climas temperados, non toleran as xeadas moderadas ou reiteradas. Soporta ben a seca, a salinidade e os substratos areosos. Necesita exposición a pleno sol.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Proxecto invasIBER, Atlas de las plantas alóctonas invasoras de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/473

Más Información

NatuSfera Mapa