Caulerpa racemosa ((Forssk.) J.Agardh, 1873)

Alga asasina
Caulerpa_racemosa_01 Caulerpa_racemosa_02

Descrición 1

Alga sifonal de cor verde, composta dunha parte rastreira constituída por estolóns de 0,5 e 1 mm de diámetro (dos que xorden múltiples e delgados rizoides) e unha parte erecta formada por frondes, de 10-25 cm de altura, divididas de forma dística ou radial e provistas de pínnulas semiesféricas e infladas que se caracterizan polo seu aspecto semellante a un acio.

Bioloxía 1

Especie rural e pseudoperenne, conserva unha parte do talo cada nova tempada. Reprodúcese mediante holocarpia, todo o talo participa na formación dos gametos. Tamén reprodúcese asexualmente mediante a formación de propágulos e por fragmentación. Presenta unha dinámica estacional cun máximo de crecemento en outubro e un mínimo en abril. A súa taxa de crecemento vexetativo é elevada debido a que os propágulos sexuais multiplican a probabilidade e a velocidade de dispersión.

Hábitat 1

Calquera biótopo nos primeiros 60 m de profundidade e calquera substrato, sexa duro (rochoso) ou brando (areoso). Parece preferir fondos con profundidades superiores aos 20 m, onde colonizou os principais tipos de hábitats infralitorais e parte dos circalitorais: biocenose de algas fotófilas sobre rocha, pradeiras de P. oceanica e fondos sedimentarios detríticos con e sen comunidades de maërl.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Proxecto invasIBER

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Algas 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_algas.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/477

Más Información

NatuSfera Mapa