Caulerpa taxifolia ((M.Vahl) C.Agardh, 1817)

Caulerpa_taxifolia_01 Caulerpa_taxifolia_02

Descrición 1

Macroalga con frondes erectos (6-8 mm de diámetro) en forma de folla que xorden de estolóns reptantes. Frondes aplanados lateralmente, as ramiñas laterais ou pínulas estréitanse na base, onde se fixan á raque de cada fronde. Tamaño usual da pínula de 1 cm e densidade de 4-7 por centímetro da raque. O tamaño dos frondes e as súas pínulas depende da intensidade da luz (a máis profundidade e menos luz, maior tamaño do fronde), que pode chegar a superar os 2 m. Similar a C. racemosa, pero máis longa e con maior taxa de crecemento.

Bioloxía 1

Tanto reprodución sexual coma asexual (fragmentación). A sexual é pouco coñecida e a súa expansión débese principalmente á dispersión de fragmentos en zonas mariñas costeiras de baixa profundidade (ata os 30 m), onde se dan as condicións adecuadas para o seu asentamento e proliferación. Medra de xuño a setembro a partir dos estolóns.

Hábitat 1

Zonas sedimentarias litorais e sublitorais sobre rochas e outros substratos: fondos areosos, lodos, baías pechadas, pradeiras de fanerógamas e substratos artificiais (embarcadoiros, balizas de metal, topes de goma, tubos de plástico, etc.). Rango de profundidade entre 1 e 35 m, chegando ata 100 m. Óptimo de temperatura entre 20-30oC. Pode vivir en condicións extremas (fóra da auga e con humidade) durante 10 días. Soporta condicións eutróficas e augas contaminadas. Soporta condicións de grande escaseza de nutrientes.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Global Invasive Species Database

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Algas 2

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/caulerpa_taxifolia_2013_tcm7-306899.pdf

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/513
  2. (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/513

Más Información

NatuSfera Mapa