Centranthus ruber (L.) DC

Alfinetes (en castelán: Valeriana roja, Milamores, Hierba de San Jorge)
Centranthus_ruber_1 Centranthus_ruber_2 Centranthus_ruber_3

Descrición 1

Hemicriptófito. Herbácea perenne de 30 a 80 cm. Glabra, con talos erectos simples ou ramificados, lisos. Follas ovais ou elíptico-lanceoladas de 8 a 12 cm de longo e de 2 a 4 de ancho, enteiras ou un pouco dentadas, opostas. As inferiores son pecioladas, e as superiores, sésiles. Flores moi numerosas, vermellas ou brancas con esporón, dispostas en corimbos apertados que se alongan en panícula tricótoma. Froito en aquenio glabro.

Bioloxía 1

Planta herbácea perenne. Madurez sexual un ano despois da súa xerminación. Reprodución principalmente sexual, tamén por fragmentos de raíz. Produce centos de sementes que se dispersan polo vento. Pouco afectada por pragas e enfermidades. Prefire lugares ben soleados, aínda que tamén adoita vivir en semisombra. Resiste de forma moderada o frío. Soporta períodos de seca aínda que desenvólvese mellor en ambientes húmidos.

Hábitat 1

Terreos de cultivo e zonas verdes de orixe antrópica. Zonas urbanizadas. Matogueiras de medianías. Zonas de matogueiras xerofíticas do piso basal. Pasteiros e herbeiras de ambientes alterados. Bosques montañeses húmidos, vexetación en campos de lavas e hábitats rupícolas húmidos en dominio do monteverde ou o piñeiral.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/282

Más Información

NatuSfera Mapa