Cortaderia selloana (Schult. & Schult.f.) Asch. & Graebn. 1900

Herba da Pampa, carrizo da Pampa
Cortaderia_selloana_01_compr Cortaderia_selloana_02_compr

Descrición 1

Planta herbácea perenne, graminoide, de ata 3 m de altura, provista de robustas macollas. Follas planas, laminares, coriáceas, coas beiras aserradas e de tacto áspero, de 1 a 3 m. Inflorescencias en panículas de gran tamaño (popularmente, "plumeiros") de 30 a 100 cm, con característica cor prateada, soportadas por longos pedúnculos.

Bioloxía 1

Florece de xullo a outubro. Reprodúcese exclusivamente por semente, producindo unha gran cantidade de diásporas facilmente diseminadas polo vento. Unha vez instalada, amosa unha firme tendencia a sobrevivir formando grandes macollas non apetecibles para os herbívoros debido á presenza de agullas de sílice nas súas follas.

Hábitat 1

Zonas de marisma, zonas dunares, ribeiras fluviais, marxes de estradas, zonas alteradas e cascalleiros, ambientes afectados pola actividade humana e degradados, zonas axardinadas, leitos de barrancos, mananciais e outros enclaves húmidos. Planta moi rústica, ben adaptada ás temperaturas extremas e á seca aínda que prefire os terreos frescos e eutróficos.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas das plantas alóctonas invasoras de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/21

Más Información

NatuSfera Mapa