Planta herbácea anual, estolonífera, glabra, decumbente, aromática, con talos de ata 20 cm. Follas lineares, enteiras ou cuns poucos dentes. Carecen de pecíolo e son envaiñantes. Flores en capítulos terminais axilares, pedundulados, de 5-10 mm de diámetro. Flores externas sen corola, femininas e con longo pedicelo. Froito en aquenio de 1,5 mm, fortemente comprimido e alado, sen papus.
Florece de marzo a agosto. Reprodúcese por semente e se cadra tamén vexetativamente. Probablemente sexa autocompatible e autógama, como moitas compostas de flores pequenas. Ao parecer, as aves acuáticas contribúen á súa expansión.
Naturalizada en marismas, arrozais e ambientes húmidos salobres. Necesita substratos moi húmidos. Habita en lameiros, chans lamacentos e ribeiras, con alto contido en sales. Comunidades costeiras de marisma, xunqueiras de Juncus maritimus con Carex extensa e comunidades pioneiras de marisma Arthrocnemum perenne e Spergularia marina.
Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras y Asturnatura