Cyprinus carpio (Linnaeus, 1758)

Carpa
Cyprinus_carpio_compr

Descrición 1

Ciprínido grande, que a miúdo supera os 70 cm. Boca terminal e protráctil, con dúas barbas sensoriais a cada lado da boca. Flancos de tons dourados que se escurecen de cara ao dorso. Aleta dorsal longa, cun primeiro radio forte e aserrado, de cor máis escura. Entre 33-40 escamas na liña lateral. Varias razas por cultivo intensivo, a "carpa común" presenta todo o seu corpo recuberto de escamas.

Bioloxía 1

Os machos maduran xeralmente un ano antes que as femias. Estímase que alcanzan a madurez sexual aos tres anos. Desova a finais de primavera ou comezos de verán, en zonas con escasa profundidade e vexetación abundante. Entre 100.000-200.000 ovos por kg de peso, que eclosionan aos 4 días entre 15-20oC. Alimentación omnívora (restos vexetais, insectos, crustáceos, crías doutros peixes, etc.). Teñen predilección por invertebrados bentónicos.

Hábitat 1

Prefire augas de curso lento ou estancadas, con fondos limosos e unha temperatura temperada ou cálida. Son moi resistentes á escaseza de osíxeno e á contaminación das augas. Os adultos levantan as raíces, destrúen a vexetación somerxida e enturban a auga, o que prexudica a outras especies de peixes e a outros animais.

Fontes 1

Libro Rojo de los Peces Continentales de España.

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/31

Más Información

NatuSfera Mapa