Dreissena polymorpha (Pallas, 1771)

Mexillón cebra
Dreissena_polymorpha_01 Dreissena_polymorpha_02

Descrición 1

Molusco bivalvo de 3 cm de tamaño de forma similar aos mexillóns mariños, pero cun deseño de riscos pardo-escuros e amarelentos en zigzag, característica que lle dá o seu nome común. Forma densas colonias de miles de individuos por metro cadrado sobre substratos duros.

Bioloxía 1

Dous ciclos reprodutivos por ano, en primavera e outono. Son unisexuais (algúns casos de hermafroditismo). As femias reprodúcense todos os anos e a fecundación é externa. Uns días despois da fertilización, nacen as larvas que crecen e se dispersan moi rapidamente, formando en pouco tempo as mexilloneiras. Gran tolerancia a variacións na salinidade e temperatura, resiste varios días fóra da auga. Resistencia tamén ao cloro. Aliméntase de plancto e materia orgánica en suspensión.

Hábitat 1

Ocupa unha gran variedade de ambientes acuáticos superficiais caracterizados por augas estancadas ou de escasa corrente: esteiros, lagos, lagoas, encoros, ríos, pantanos e outras masas de auga, tanto en áreas urbanizadas coma naturais.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Proxecto invasIBER.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/188

Más Información

NatuSfera Mapa