Eichhornia crassipes (C.F.P. Mart.) Solms-Laub.

Xacinto de auga
Eichhornia_crassipes_01_compr Eichhornia_crassipes_02_compr

Descrición 1

Hidrófito flotante herbáceo, con moitos estolóns con raíces fasciculadas nos nós, colgantes, cor marrón escura. Ata 1 m de altura en lugares favorables. Follas en rosetas, verde brillante, con pecíolos esponxosos na base cun tecido de celas enchidas de aire que lle permite flotar. Inflorescencias en espigas terminais, sostidas por un pedúnculo con espata cuxa base acostuma estar arrodeada dunha folla dilatada. Flores cor malva ou lila. Froito en cápsula membranosa, con tres lóbulos e numerosas sementes no seu interior.

Bioloxía 1

Florece de marzo a xullo. Reprodúcese activamente tanto por semente como asexualmente (estolóns, fragmentación). As sementes poden conservar a súa capacidade xerminativa entre 5 e 20 anos. A iluminación alta e as oscilacións de temperatura favorecen a xerminación. Colonización rápida de novos hábitats ao ser transportadas polas correntes de auga ou polas aves (sementes), ou pola actividade humana.

Hábitat 1

Charcas, zonas húmidas, pantanos, ríos, reservas de auga e lagos, entre outros. Prefire zonas con pouca corrente ou sen ela. Necesita temperaturas cálidas (óptimo entre 22-25oC). Non soporta as temperaturas inferiores a -2oC ou por enriba de 40oC. Non soporta a exposición directa ao sol. Resiste certos niveles de contaminación. Tolera un pH comprendido entre 5,5 e 9 e non tolera niveis altos de salinidade.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas de las plantas alóctonas invasoras de España, Proxecto invasIBER.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/47

Más Información

NatuSfera Mapa