Esox lucius (Linnaeus, 1758)

Lucio
Esox_lucius_01_compr

Descrición 1

Supera con frecuencia os 70 cm e pode acadar 30 anos de idade e un tamaño de máis de 1 metro de lonxitude e 25 kg de peso. Entre 110-130 escamas na liña lateral, de cor verdosa, con manchas amarelentas que rompen a uniformidade dos flancos. Boca de gran tamaño, ancha, aplanada e recuberta por fortes dentes. A aleta dorsal sitúase na parte posterior do corpo, preto da aleta caudal e oposta á anal.

Bioloxía 1

Madurez sexual cuns 30 cm, aos 2-3 anos. Reprodución entre xaneiro e marzo en zonas pouco profundas das ribeiras con densa vexetación. A femia pode poñer máis de 30.000 ovos por kg de peso, que eclosionan aos 5-30 días segundo a temperatura da auga. Consume invertebrados nos primeiros meses de vida pasando gradualmente a consumir peixes. A partir dos 30 cm, aliméntanse exclusivamente de peixes. Pode comer tamén anfibios, réptiles e incluso polos de aves.

Hábitat 1

Non realiza migracións apreciables e atópase preferentemente en zonas de augas tranquilas e remansadas de ríos con escasa corrente en encoros, onde haxa ocos, rochas e vexetación abundante. Depositan os ovos sobre a vexetación e os exemplares novos, e incluso os adultos, refúxianse entre a vexetación para evitar os depredadores. Altamente territorial e solitario.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atas y Libro Rojo de los Peces Continentales de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/32

Más Información

NatuSfera Mapa