Estrilda astrild (Ait.) Muhl.

Bico de coral común
Estrilda_astrild_01_compr Estrilda_astrild_02_compr

Descrición 1

Ave diminuta, con cabeza pequena, alas arredondadas moi curtas e cola en cuña. A plumaxe do macho adulto é de cor parda nas zonas superiores e ocre nas zonas inferiores, aínda que ambas teñen franxas de cor pardo escuro na parte final. Gorxa lisa, a parte inferior da cola é negra e a zona central do ventre é vermella. Peteiro e anteface de cor vermello intenso na cara. Femia, moi similar ao macho, con menos raias no peito (case liso), co anteface e o peteiro de cor vermella tenue e sen cor vermella no ventre.

Bioloxía 1

Ave monógama e territorial en época de cría, con período reprodutor moi dilatado en España (case todo o ano). Varias postas anuais, de entre 4 e 6 ovos brancos. O niño é unha bóla baleira, relativamente grande, feita de herba seca e orientada cara abaixo (coma unha pera), colocado entre vexetación densa, a menos de medio metro de altura ou no chan. Incubación de 11-13 días e uns 18-20 días de coidados dos polos. Dieta basicamente granívora (sementes de herbáceas), rara vez comen insectos.

Hábitat 1

En España, asóciase a zonas de vexetación palustre ao comezo do asentamento, pero o seu carácter adaptable permítelle ocupar despois outros hábitats, como campiñas galegas, regadíos, cultivos de froiteiras e medios arbustivos e arborados ricos en plantas herbáceas.

Fontes 1

Enciclopedia de las aves de España (SEO-Birdlife).

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/111

Más Información

NatuSfera Mapa