Estrilda troglodytes (Lichtenstein, 1823)

Bico de coral colinegro

Descrición 1

Peteiro vermello, anteface vermello, plumaxe gris cun ton marrón rosado na cabeza, as ás e o corpo. Cola negra con bordes brancos e mancha rosada preto da cloaca que pode estenderse ata o peito. Algúns cruzamentos poden dar outros plumaxes de diferentes cores.

Bioloxía 1

Reprodución irregular en España. Período reprodutivo aproveitando épocas de calor. Posta de 3-6 ovos que se incuban 12 días aproximadamente. Os exemplares novos son autónomos a partir dos 21 días de vida. Dieta baseada en pequenas sementes de herbáceas e ás veces invertebrados (pupas de formiga, áfidos, moscas da froita, etc.)

Hábitat 1

En España, como outras especies de Estrilda, asóciase a zonas de vexetación palustre ao comezo do asentamento, mais o seu carácter adaptable permítelle ocupar despois outros hábitats como campiñas galegas, regadíos, cultivos de froiteiras e medios arbustivos e zonas arboradas ricas en plantas herbáceas.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Finch Information Center.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/115

Más Información

NatuSfera Mapa