Euplectes afer (Gmelin, 1789)

Tecelán Napoleón
Euplectes_afer_01 Euplectes_afer_02

Descrición 1

Ave duns 10 cm de lonxitude. Machos de plumaxe negra coa fronte, o píleo, a parte inferior das costas e a rabadilla amarelos. Femias de cor parda clara con estrías marrón escuro e negras, ventre abrancazado, píleo moi raiado de marrón escuro, gran cella de cor branca amarelenta desde a base do peteiro ata case a caluga e lista ocular marrón escura por detrás do ollo.

Bioloxía 1

Hábitos gregarios, forman colonias de nidificación. Os machos son polígamos e tecen varios niños con material vexetal para atraer ás femias, de forma ovalada e con entrada na parte superior. A súa alimentación é esencialmente granívora, aínda que tamén pode incluír pequenos insectos.

Hábitat 1

Especies polixínicas que habitan en zonas cálidas e húmidas, vales con vexetación palustre, cultivos de regadío, etc.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013, Quedada Natural

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/117

Más Información

NatuSfera Mapa