Euplectes oryx (Linnaeus, 1758)

Tecelán vermello
Euplectes_oryx_01 Euplectes_oryx_02

Descrición 1

Machos con cabeza e parte anterior do colo vermellos, cara con máscara negra que cobre toda a parte anterior, a fronte e a gorxa. Parte dorsal vermella (ás veces alaranxada), peito, flancos e zona media do ventre negro brillante, zona lateral do ventre e zona caudal inferior vermella. Peteiro e ollos negros. Cola curta e ancha. Ás curtas, anchas e arredondadas. Femias pardo-ocre con numerosas estrías marrón escuro; peito e ventre crema; píleo pardo con numerosas raias escuras.

Bioloxía 1

Hábitos gregarios, forman colonias de nidificación. Os machos son polígamos e territoriais, tecen entre 3 e 13 niños con material vexetal para atraer as femias. Os niños teñen forma ovalada. A súa alimentación é esencialmente granívora, moi rara vez comen pequenos insectos.

Hábitat 1

Especies polixínicas que habitan en zonas cálidas e húmidas, vales con vexetación palustre, cultivos de regadío, etc.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/119

Más Información

NatuSfera Mapa