Fallopia japonica (Houtt.) (= Reynoutria japonica Houtt.)

Bambú xaponés
Fallopia_japonica_01 Fallpia_japonica_02

Descrición 1

Planta herbácea perenne, rizomatosa, con talos aéreos de ata 3 m de altura. Follas alternas, pecioladas, truncadas na base, ovadas, de 5-14 x 3-13 cm. Inflorescencias en panículas laxas. Flores con periantio abrancazado, con 5 tépalos persistentes na frutificación, os 3 externos alados. Androceo con 8 estames e xineceo con 3 estilos longos. Froito de cor negra, de 4 x 2 mm aproximadamente.

Bioloxía 1

Florece de agosto a setembro, sen sementes viables en España. Polinización por insectos. Dispersión, producida sobre todo por movementos de terra contaminada con rizomas. Pode hibridarse con outras especies (Fallopia baldschuanica, Fallopia sachalensis), aumentando la variabilidade xenética. Adaptacións competitivas: presenza de órganos de reserva, rapidez de crecemento de órganos vexetativos, follaxe densa que produce intenso sombreado, xigantismo e altos rendementos fotosintéticos, substancias alelopáticas e rápida rexeneración de danos producidos en follas e talos.

Hábitat 1

Climas húmidos ou, en ambientes mediterráneos, chans con humidade edáfica. Soporta os fríos invernais intensos e pode non florecer en outonos fríos con xeadas precoces. Prefire chans fértiles, ricos en nitróxeno. Necesita iluminacións moderadas, invade claros e beiras de medios forestais. En zonas riparias, é favorecida pola eutrofización das augas, a supresión de avenidas por obras hidráulicas e a regulación dos ríos e destrución da vexetación natural.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas das plantas alóctonas invasoras de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/485

Más Información

NatuSfera Mapa