Fundulus heteroclitus (Linnaeus, 1766)

Fúndulo
Fundulus_heteroclitus_01_compr Fundulus_heteroclitus_02

Descrición 1

Especie pequena que acada talles de 10 cm e máximos de 15 cm. Aleta dorsal con 11-4 radios e anal con 10-11. Boca súpera con dentes unicúspides. Entre 37-42 escamas nunha liña lonxitudinal máxima. Dimorfismo sexual moi patente: machos de menor tamaño que as femias e con grosas bandas transversais en ambos lados, femias de cor gris con algunhas bandas verticais.

Bioloxía 1

Período reprodutivo entre abril e xuño. A femia deposita os ovos sobre a vexetación somerxida. Ten unha alta plasticidade reprodutiva: adaptada incluso a que, nas zonas intermareais, o desenvolvemento dos ovos se produza dentro e fóra da auga (cando baixa a marea, estes mantéñense en seco ata que volve). Alimentación principalmente zoófaga e en parte herbívora.

Hábitat 1

Vive en augas doces, salobres ou hipersalinas. Especie moi gregaria, que forma ás veces densos cardumes.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas y Libro Rojo de los peces continentales.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/122

Más Información

NatuSfera Mapa