Gambusia holbrooki (Agassiz, 1895)

Gambusia
Gambusia_holbrooki_compr

Descrición 1

Pez de pequeno tamaño que, en xeral, non supera os 50 mm. A boca, dotada de dentes afiados e pequenos, ábrese en posición lixeiramente oblicua e súpera. A aleta dorsal está lixeiramente atrasada con respecto das anais. Acusado dimorfismo sexual, femias de maior tamaño e co ventre máis dilatado. A aleta dorsal dos machos maduros alóngase nos radios 3° e 5° formando un órgano copulador.

Bioloxía 1

Especie ovovípara, moi precoz e fecunda. Pode acadar a madurez sexual aos 6 meses e ter entre 15 e 30 crías de cada vez (ata 3 veces entre abril e outubro). As proporcións de machos/femias acostuman a ser de ¼, acadando densidades de ata 11.324 exemplares/100 m2. Alimentación basicamente de invertebrados, cunha gran proporción de larvas de dípteros, copépodos e áfidos.

Hábitat 1

Tramos de augas lentas de escasa profundidade e con abundante vexetación. Soporta ben a contaminación (incluso en pequenas lagoas con vertidos de augas residuais), elevadas temperaturas e baixas concentracións de osíxeno disolto.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atas y Libro Rojo de los Peces Continentales de España.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/33

Más Información

NatuSfera Mapa