Grateloupia turuturu (Yamada, 1941)

Chromista
Grateloupia_turuturu_01_compr

Descrición 1

Alga que se fixa ao substrato por un disco basal de 5-15 mm de diámetro do que parte un longo estípite, de ata 2 cm, que se ensancha gradualmente nunha lámina lanceolada de 10-35 cm de longo e ápices agudos. A cor varía de vermella intensa a rosada, en ocasións algo empardecida ou descolorada pola acción do sol, pero sen manchas abrancazadas.

Bioloxía 1

Rápido crecemento en primavera e verán, acadando unha lonxitude de ata 1 m. Crece rapidamente a altas temperaturas e tolera diminucións na salinidade. As fases microscópicas e os estadios xuvenís de gametófitos e esporófitos pódense fixar ás conchas de mexillóns e ostras. Ciclo de vida heteromórfico alternante entre unha fase gametofítica e unha esporofítica. Reprodución mediante gametófitos e esporófitos de morfoloxía similar e convivindo nos mesmos hábitats.

Hábitat 1

Ambientes semiexpostos e protexidos, sobre rochas e moluscos bivalvos, en charcas rochosas do intermareal medio e plataformas rochosas do intermareal inferior e infralitoral. Xeralmente asociada a cultivos mariños. Favorecida en ambientes influenciados pola arena, ao exercer un efecto abrasivo que deixa substrato dispoñible para ser colonizado por esta alga. Presenza frecuente en localidades preto de instalacións de acuicultura e ambientes eutrofizados.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras e Asturnatura.com

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras – Algas 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_algas.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/48

Más Información

NatuSfera Mapa