Helianthus tuberosus L.

Tupinambo (en castelán: pataca, margarita grande)
Helianthus_tuberosus_01_compr Helianthus_tuberosus_02 Helianthus_tuberosus_03_-_compr

Descrición 1

Planta herbácea perenne con rizomas tuberosos. Talos de 1-2,8 m, ramificados na parte superior. Follas de 10-25 x 7-15 cm, oval-lanceoladas, acuminadas, de beiras aserradas, con pecíolo alado, ásperas na face e con pubescencia abrancazada no envés. Inflorescencias en capítulos de 4-8 cm de diámetro, dispostos en conxuntos corimbiformes e erectos de número variable. Brácteas do involucro de cor verde escura. Froitos provistos de papus escamento.

Bioloxía 1

Florece de agosto a outubro. Especie moi tolerante de temperaturas elevadas e frías. As xeadas matan as partes aéreas pero os tubérculos poden soportar a conxelación varios meses. Nas nosas latitudes, as sementes non acostuman chegar a madurar, polo que a reprodución ten lugar de maneira vexetativa por medio dos tubérculos.

Hábitat 1

Coloniza lugares húmidos e bordes de ríos ricos en materia orgánica, ou ben biótopos con forte influencia antropozoóxena e algo de humidade edáfica. Prospera mellor en substratos con pH próximo á neutralidade, aínda que tolera valores de entre 4,5 e 8,2. Prefire as exposicións a pleno sol, soportando algo de sombra.

Fontes 1

Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras en España.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 2

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/11
  2. (c) INVASORES - administrador, algunos derechos reservados (CC BY-SA)

Más Información

NatuSfera Mapa