Lepomis gibbosus (Linnaeus, 1758)

Percasol, pez sol
Lepomis_gibbosus_compr

Descrición 1

Peixe de pequeno tamaño que non acostuma superar os 25 cm de lonxitude. Corpo aplanado lateralmente e de cores moi vistosas: bandas azuis que irradian da cabeza aos flancos, mancha negra e vermella no extremo posterior dos opérculos e ventre cor amarelo-avermellado. Aleta dorsal moi desenvolvida, con dúas partes diferentes: a anterior con radios espiñentos e a posterior con radios brandos.

Bioloxía 1

Desova entre maio e xullo en augas de temperatura por enriba de 16oC. Unha ou varias femias depositan en niños escavados na area entre 600 e 5.000 ovos, que vixiará o macho. Período de incubación entre 3 e 5 días, as larvas cóidaas o macho ata que poden nadar e buscar refuxio. Omnívoro oportunista: depredador voraz de invertebrados, moluscos, insectos, ovos, crías de peixe e peixes pequenos. Acostuma atacar a outros peces pola cola, arrancándoa e evitando que fuxan.

Hábitat 1

Especie moi flexible, adáptase moi ben a vivir en charcas e zonas de escasa profundidade, moi resistente ás épocas estivais con caudais baixos nos ríos e augas estancadas.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atas y Libro Rojo de los Peces Continentales de España

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/34

Más Información

NatuSfera Mapa