Dreissena bugensis Andrusov, 1897

Mexillón quagga
Dreissena_bugensis_compr

Descrición 1

Molusco bivalvo de auga doce e salobre que pode acadar os 40 mm de lonxitude e presenta diferentes morfoloxías (cores que varían do negro ao marrón claro, ou bandas brancas e marróns). Lado ventral convexo; ao poñelo dese lado, acostuma caer, mentres que o mexillón cebra (D. polymorpha) non cae. Resulta case imposible diferenciar as súas larvas das do mexillón cebra debido á súa morfoloxía.

Bioloxía 1

Despois da fertilización, desenvolven larvas microscópicas durante uns días que van adquirindo conchas diminutas. Durante 3-4 semanas, son transportadas polas correntes e aliméntanse cos seus cilios, buscando substratos adecuados para asentarse. A mortalidade pode acadar o 99% nesta etapa. Para asentarse, teñen predilección por substratos duros en lugar de grava, area ou lama.

Hábitat 1

Ríos, lagos e lagoas de auga doce ou de baixa salinidade (menos do 3%). Se teñen atopado a profundidades de entre 0 e 28 m.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Global Invasive Species Database, U.S. Geological Survey.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 2

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/87
  2. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY-SA), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/87

Más Información

NatuSfera Mapa